TODO LISTO PARA A SUBIDA A VILAR DE BARRIO, SEGUNDA DATA PUNTUABLE DO CERTAME DE MONTAÑA

24 mayo, 2024

O Campionato Xunta de Galicia de Montaña afronta durante esta fin de semana (24,25 e 26 de maio) a súa segunda data puntuable, a Subida a Vilar de Barrio, que contará con 55 equipos na liña de saída.

A proba ourensá, que afronta a súa terceira edición, terá novamente aos principais favoritos ao triunfo nas diferentes categorías puntuables, con especial atención a reedición da loita vista en Taboada entre Jacobo Senín e Alexis Vieitez. Ademáis, dentro dos monoplazas e carcross tamén estarán nomes como Alfonso “Pisko” Ventín, Beni Porto, o becado pola FGA, Mateo García e os locais Pablo Rey, Abrahán Vázquez ou Jesús López, entre outros.

Entre os carrozados, retorno ao Porsche para Jorge Pérez Alonso, que terá como principais rivais pola victoria ao vencedor da primeira proba, o ourensán Javier Carballo, tamén con un Porsche, a Manuel Senra, co Peugeot 308 TCR ou a Rubén Blanco co interesante Mitjet, nunha lista variada e con moitos puntos de interese dentro das diferentes clases.

Tamén haberá que ter en conta a sempre competida modalidade de regularidade, que nesta cita terá catro equipos na liña de saída.

A proba terá unha xornada de verificacións opcionais na tarde do venres 24 de maio (19:00 a 22:00 horas).

Para o sábado, resto de verificacións e comezo da proba ás 14:30 horas, coa celebración da primeira manga de adestramentos. A continuación celebraranse as dúas mangas oficiais da xornada.

O domingo 26 de maio a actividade comezará ás 09:30 horas coa segunda manga de adestramentos, para posteriormente afrontar as dúas ascensión oficiais restantes.

Compartir