Shirley e Antonio Fernández en modalidade eléctrica e Jose Luis Martínez e David Blanco, en híbridos, foron os vencedores da primeira edición do Eco Rallye de As pontes, primeiro proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Enerxías Alternativas – Consellería de Industria.
Este certame, que conta co apoio da propia consellería e Mobify, é o primeiro de carácter autonómico de España, boa mostra da adaptación da Federación Galega de Automobilismo aos novos tempos e a mobilidade sostible.
Moitos nervios e ilusión nunha cita organizada polo Automobil Clube de As Pontes e que contou coa colaboración da sempre experimentada e referente na materia a nivel nacional, Escudería La Coruña, organizadores do Eco Rally de A Coruña, referente na especialidade.
Os Fernández, pai e filla, na modalidade eléctrica, realizaron una excelente proba durante os máis de 120 quilómetros e 105 controis da proba obtendo unha puntuación final de 1.251.
O segundo posto da clasificación xeral desta modalidade foi para Raúl e David Centelles, con Santiago Santalla e Adrián López en terceiro posto.
Na modalidade híbrida, José Luis Martínez e David Blanco fixeron unha proba de menos a máis para lograr o triunfo con unha puntuación de 1,721. Precisamente este equipo participou cun Fiat 500 cedido polo patrocinador do certame, Mobify. Completaron o podio da proba Pedro Peteiro e Manuel Iglesias, tamén cun Fiat 500 de Mobify e Manuel Trevín e Tania Martínez.
O mellor equipo en eficiencia eléctrica foi Shirley e Antonio Fernandez mentres que en híbrida foi Manuel Trevín e Tania Martínez.
