MEIRA E MARTÍNEZ PECHAN A TEMPADA CON TRIUNFO NO OURENSE – RIBEIRA SACRA

8 noviembre, 2026

Alberto Meira e Avelino Martínez, ós mandos do Skoda Fabia R5, foron os vencedores do Rally Ourense – Ribeira Sacra, novena e última proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes – Recalvi.

Agardábase moito da loita polo subcampionato entre as duplas Meira-Martínez e Lamela-Conde, pero un problema mecánico na bomba de gasolina xa desde o primeiro treito cronometrado impediu que os afeccionados desfrutasen do espectáculo.

A retirada de Lamela e Conde deixo en bandexa o triunfo a Meira e Martínez, que acadaron así un novo subcampionato autonóico. Os do Skoda realizaron un crono final de 57:06.000, máis de un minuto máis rápidos que os segundos clasificados finais, Iago Gabeiras e Ian Quintana, que tamén sufriron problemas mecánicos, neste caso eléctricos, no Hyundai I20 Rally2.

O terceiro chanzo do podio foi para un exultante Brais Garrido, copilotado por Alejandro Bolaño. O equipo ourensán, na súa segunda proba co Skoda Fabia R5, exLamela, fixo unha proba intelixente para sumar un moi bo resultado.

Completaron os cinco primeiros clasificados, Abel Pampillón e José Lage e Marco Lorenzo e José Ángel Fente, que ademáis foron os vencedores do Clio Trophy Galicia e da Top Ten C nesta proba.

Lorenzo e Fente, con dous triunfos consecutivos na recta final da tempada confirmaron que son un dos equipos a batir neste formato monomarca.

Precisamente no Clio Trophy o podio completárono Miguel Gayoso e Carlos Guitián (xa campións do Clio Trophy Galicia) e Ánxel Vizoso e Brais Arranz, que foron os campións finais da Top Ten C.

Gayoso e Vizoso completaron unha tempada sobresaínte con tres títulos para o FGA Júnior Team by MaxiDeza (Clio Trophy Asfalto, Clio Trophy Galicia e Top Ten C Pirelli Driver Autia), o que confirma que os programas de promoción da FGA dan os seus froitos.

Fermín Sousa e Carmen González foron os vencedores da Top Ten B por diante de Juan Manuel Carballo e David García e Mario López e Fernando Rodríguez.

Dani Álvarez e José Antonio Figueiras partían coma favoritos para vencer a AMF Pirelli e non fallaron. O equipo do Peugeot 205 venceu a proba ourensá e sumou o título por diante na xeral de Marcos Maceiras e Sergio Iglesias (outro equipo que foi becado da FGA en 2023) e David Gómez e Óscar Gavilanes.

Na modalidade Orixe, victoria e título para Samuel Graña e Sergio Cancela no Peugeot 106. O segundo chanzo do podio foi para Roberto Suárez e Cristian García na estrea do 106 e Anxo Blanco e Alejandro Somoza.

Por último, emoción ata o final no Volante FGA – Sandero Eco Cup que se resolveu polos mellores tempos de tramo en favor de Yeray González e Alberto Rodríguez que foron segundos por detrás dun espectacular Alejandro Cagiao, que copilotado por Iván Cagiao fixo todo o posible para evitar o título do ourensán que será novo becado da FGA.

O terceiro posto da clasificación foi para Pablo García e Adrián Salgueiro, nun novo podium no formato promocional co Dacia.

Compartir