O Circuito de Santa Comba acolle este sábado a seguinte proba do Campionato Xunta de Galicia de Autocross, nun evento que contará con 47 equipos na liña de saída.
Nova visita ao trazado coruñés e moito por decidir nas distintas clases dos certames autonómicos.
En canto a actividade, as verificacións técnicas comezarán ás 17:15 horas deste venres co apartado voluntario.
Xa durante o sábado a primeira hora da mañá terán lugar as verificacións para o resto de participantes, co inicio da competición marcado para as 10:30 horas co warm up da carreira.
As clasificatorias comezarán tras o parón do mediodía, ás 15:00 horas. As finais darán comezo as 18:15 horas.
