O Campionato Xunta de Galicia de Rallyes – Recalvi chega por primeira vez este curso á provincia de Ourense e faino cunha nova edición do Rally Comarca de Carballiño.
A cita ourensá marca a primeira oportunidade de alzar a Dani Berdomás e Brais Mirón como campións autonómicos, nunha fin de semana marcada en vermello para a escudería JRT.
Coa tabla clasificatoria moi de cara, Alberto Meira e Avelino Martínez tentarán atrasar a celebración do equipo coruñés, conscientes de que actualmente xa non dependen deles mesmos para evitalo. Tamén parten con opcións matemáticas José Lamela e Unai Conde, que continuarán coa súa evolución dentro da categoría Rally2.
Os ollos tamén estarán postos na loita polo triunfo na segunda edición da Challenge R2 – Staroil, que en Carballiño pecha unha apaixoante tempada. David Rivas e Jorge Pérez Oliveira se xogarán o título nas estradas ourensás e sen apenas marxe de erro para calquera dos dous.
Ademáis tamén estarán en Carballiño os participantes da Top Ten B e C, AMF Pirelli e AMF Orixe e Criterium Recalvi, nunha fin de semana que comezará este venres coa celebración do treito espectáculo a partir das 20:13 horas.
O sábado, turno para o resto de treitos cronometrados desde antes das 8 da mañá con chegada do primeiro participante á Praza da Veracruz ás 21:29 horas.
