PRO RACE E IGOL CREAN UN TROFEO 2 RODAS MOTRICES NO GALEGO DE RALLYSPRINT GT2i

17 abril, 2024

A Federación Galega de Automobilismo chegou a un acordo coa empresa PRO-Race Parts, distribuidora de IGOL, para a creación dun trofeo no Campionato Xunta de Galicia de Rallysprint GT2i.

A primeira edición do Trofeo IGOL 2 Rodas Motrices de Rallysprint está dirixido aos vehículos das agrupacións 2,3, 4 e 5 e históricos das agrupacións 6 e 7 de tracción dianteira participantes no Campionato Galego de Rallysprint.

Nesta primeira edición as probas puntuables serán:

  • 1º Rallysprint de Silleda (18 de maio).
  • 1º Rally Sprint Val de Ramirás (28 de setembro).

Os premios desta primeira edición serán os seguintes:

Ao mellor clasificado dentro dos participantes deste Trofeo na clasificación scratch que cumpran coas normas marcadas no regulamento.

  • 1º clasificado – 250 euros + Trofeo para piloto e copiloto.
  • 2º clasificado – 150 euros.
  • 3º clasificado – 100 euros.

Todos aqueles equipos interesados en participar no Trofeo IGOL 2 Rodas Motrices deberán adquirir productos da marca IGOL por importe de 100 euros +IVE ao distribuidor PRO Race Parts (Teléfono 621246451 ou correo electrónico prorace.igol@gmail.com) e enviar a factura a FGA ao correo fga@fga.es,ademáis de cumprimentar o boletín de inscripción no apartado «Copas de Promoción» da páxina web da FGA (www.fga.es).

Os equipos inscritos no Trofeo IGOL 2 Rodas Motrices deberán portar a publicidade obrigatoria. Neste caso son catro adhesivos, dous na defensa dianteira e dous na traseira, suministrados pola FGA.

No caso de non haber 5 participantes en cada unha das probas, non haberá copa.

Nos vindeiros días publicarase o regulamento deste novo formato, ademáis do boletín de inscripción no mesmo.

Compartir