Antonio López Lence (Clase A) e Daniel Remuiñán e Álvaro Cerqueiras (Clase B) foron os vencedores do Rallymix Concello de Portas, cuarta proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia da modalidade celebrado o pasado día 29 de agosto na localidade pontevedresa.
Lista de luxo con visitantes ilustres e exhibición de López Lence, que dominou a proba de comezo a fin e amosou unha vez máis que é un dos pilotos máis en forma do automobilismo galego na actualidade.
López Lence marcou tres dos mellores cronos da fin de semana e deixou o crono en 32:47.032, algo máis de 21 segundos máis rápido que o segundo clasificado, Alfonso «Pisko» Ventín, que ademáis logrou a primeira posición na Copa MRF.
Terceiro, a 34,7 segundos do vencedor situouse o equipo gañador da Clase B, formado por Dani Remuiñán e Álvaro Cerqueiras, que participaron na carreira como preparación para o próximo Rally de Galicia de Terra.
Completaron os cinco primeiros clasificados, o pluricampeón galego de rallymix, Abel Jurado, e o segundo equipo clasificado da Clase B formado por Paco Dorado e Andrea Lamas, no Skoda Fabia RS Rally2.
O terceiro posto da Clase B foi para o asturiano Cristian Gil, copilotado por Ángel Rodríguez, no Skoda Fabia RS N5, que ademáis foi o gañador da Copa Pirelli 4×4. O segundo posto foi para Celestino e Jorge Iglesias (Ford Fiesta N5) e o terceiro para Jaime Pérez e David Calvo (Peugeot 208 T16 R5).
Na Copa MRF, a continuación de «Pisko» Ventín sitouse Víctor Manuel Fernández «Chairo» e Damián Abal.
Na Pirelli Dianteira, o primeiro posto foi para Juan Manuel Chao e Iván Bergondo, seguidos de Juan José Pintos e Joel Souto e Marcos Lista e Martín Fariña.
Por último, entre os participantes da Copa Iniciación Escuderías, victoria para os propios Cagiao e Bergondo, con Aaron Fernández e Jesús Tobío e Iria Iglesias e María Becerra na segunda e terceira posición, respectivamente.
A seguinte proba do Campionato Xunta de Galicia de Rallymix terá lugar en Cuntis a fin de semana do 19 e 20 de setembro.
