PORTAS, CUARTA PARADA DO AUTONÓMICO DE RALLYMIX

28 agosto, 2026

O Campionato Xunta de Galicia de Rallymix afronta a súa cuarta parada do curso en Portas. A sexta edición da cita pontevedresa muda o percorrido e da un paso adiante en canto a inscritos, cunha lista con pilotos de calidade internacional e nacional que se unen aos habituais dun certame en plena forma.

En total serán 91 equipos os que tomarán a saída nunha carreira a un só día e con catro mangas cronometradas. Alexander Semenov, Nuria Pons, Christine Giampaoli ou Pablo Fanjul mediranse aos protagonistas do autonómico e porán a proba o seu nivel.

Ademáis, tamén estarán os participantes dos distintos formatos promocionais autonómicos coma as Copas Pirelli, a Copa MRF e a Copa Iniciación Escuderías.

En canto aos horarios, a primeira manga cronometrada dará comezo ás 09:00 horas da mañá e as tres posteriores serán xusto a continuación cun tempo para a asistencia dos vehículos.

A entrega de premios terá lugar na casa da cultura de Portadeconde ao remate da proba.

Compartir