Pablo Castro, aos mandos do seu habitual Citroën AX, foi o vencedor do Slalom Concello de As Somozas, séptima proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de slalom.
Castro, que xa sabe o que é gañar esta tempada, retornou ao máis alto do podio cun tempo de 1:34.660, máis de catro segundos máis rápido que Rubén Gandoy, no Peugeot 206.
O terceiro posto da clasificación final desta terceira edición do Slalom Concello de As Somozas foi para Fran Pico, tamén nun Citroën AX.
Completaron os cinco primeiros clasificados da xeral, nunha carreira con máis de 50 equipos participantes, Iván Picallo e Antonio Amor.
Francisco Penabad foi o mellor entre os debutantes; Vanessa Pan impúxose no trofeo feminino; Antonio Amor no de históricos e Pablo Castro no de veteráns.
