CASTRO, LÓPEZ, TRAILA E RAMILO, TRIUNFADORES NO AUTOCROSS DE CARBALLO

28 septiembre, 2024

O Campionato Xunta de Galicia de Autocross aterrizou por segunda vez na tempada en Carballo para afrontar unha xornada de competición apaixoante nas catro categorías presentes.

Os máis de medio cento de equipos presentes no circuito coruñés desfrutaron dunha xornada de igualdade, que reflicte o crecemento do autocross en Galicia.

Na Clase I, primeiro posto na final para Martín Castro, cun tempo de 6:57.365. A segunda posición foi para Manoel Felipez e a tercerira para Javier Lea, ambos en Citroën Saxo.

Jon Ander López foi o mellor na manga final da Clase II, por diante de Alfonso Álvarez e de Rubén Pico. López venceu por tan só nove décimas logo de oito voltas ao trazado de Carballo.

Joao Traila impúxose dentro da Clase V, reservada a pilotos júnior de Carcross. Manuel Bermúdez foi segundo e Alexandre Mariño, becado da Federación Galega de Automobilismo, terceiro.

Precisamente Alex Mariño foi o primeiro clasificado dentro da Copa MRF Júnior, seguido de Dani Abellón e Daniel Cierto.

Por último, na sempre competida Clase III, primeiro posto para Javier Ramilo, no Yacarcross. Completaron o podio Alejandro Medín e Sergio Busto, que foi o primeiro clasificado na Copa MRF.

O segundo e terceiro posto na Copa MRF foron para Adrián Andrés Hurtado e  Ismael Neira.

Compartir