PABLO CASTRO INICIA A TEMPADA DE SLALOM CON VICTORIA EN AS PONTES

31 mayo, 2026

O Campionato Xunta de Galicia de Slalom deu comezo esta pasada fin de semana coa celebración da primeira proba puntuable, o Slalom de As Pontes, a única proba do certame que se disputa nun circuito permanente.

Alí, nunha xornada con moito público e 83 equipos na liña de saída, o mellor foi Pablo Castro, que aos mandos do Citroën Ax fixou o crono en 1:55.279.

Castro, nunha excelente primeira manga, aventaxou en apenas tres décimas de segundo a Iván Picallo, vixente campión.

O terceiro chanzo do podio foi para Anxo Lariño, xa habitual dos postos de cabeza no certame autonómico de slalom.

Completaron os cinco primeiros clasificados Miguel Cela e Aitor Fornos.

O primeiro entre os debutantes foi David Rodríguez, seguido de Borja Grandal e José González.

Francisco Rodríguez foi o primeiro júnior e Eva María Caride a primeira feminina.

Compartir