O RALLY DE PONTEVEDRA, CUARTA PARADA DO CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE RALLYES – RECALVI

5 junio, 2026

O Campionato Xunta de Galicia de Rallyes – Recalvi continúa esta fin de semana coa celebración da cuarta proba puntuable, un Rally de Pontevedra que na súa oitava edición chegou ao pleno de inscritos.

Finalmente serán 141 equipos os que tomarán a saída na cita pontevedresa, que terá unha lista de inscritos dun enorme nivel. Aos habituais do campionato autonómico súmanse nesta ocasión Iván Ares e Borja Rozada e Jorge Cagiao e Javi Martínez, os dous en Toyota Yaris GR Rally2 para un total de 13 vehículos da categoría rally2/R5. Ademáis, tamén estarán presentes as distintas copas do certame galego, con especial atención a nova loita entre os Clio do Trophy Galicia e os R2 da Challenge Staroil.

Coma novidade de última hora, Antón Pérez e José Murado tomarán a saída no Hyundai I20 WRC.

O shakedown da mañá marcou o inicio da actividade xunto coas verificación técnicas da proba. A partir das 19:45 horas deste venres 5 de xuño será o turno da cerimonia de saída dende a Praza do Mar de Sanxenxo. Xa para o sábado 6 de xuño, tres treitos a dobre pasada con inicio ás 09:25 horas no treito de Cerdedo – Cotobade. O primeiro participante chegará ás 20:00 horas novamente á praza do Mar.

A entrega de premios está marcada para as 22:00 horas da noite no mesmo lugar.

Compartir