OS ORGANIZADORES DE RALLYMIX CREAN A COPA ESCUDERÍAS 2024

24 abril, 2024

As sete escuderías organizadoras do Campionato Xunta de Galicia de Rallymix (Touro Motor, San Paio, Cantera Competición, Desguaces Tino Racing, Portas Motor, Cuntis Vila Termal e Barbadás) porán en marcha nesta tempada 2024 a primeira edición da «Copa Escuderías Rallymix 2024».

A 1ª Copa Escuderías de Rallymix 2024 está reservada exclusivamente os vehículos da Agrupación 2 (menos 1600cc), agás aqueles que conten con caixa de cambios secuencial ou a crabots, e/ou modificacións no apartado mecánico tales como o uso de kit de admisión directa de papillóns.

As sete probas do certame puntuarán para a competición na que se reterán seis dos sete resultados.

O gañador de cada proba recibirá un trofeo para o piloto e outro para o copiloto que se entregará na entrega de premios da proba correspondente. O premio final de esta Copa entregarase na última carreira do Campionato Galego de RallyMix (10º RallyMix de Barbadás).

O premio final será:
1º Clasificado – Inscricións gratuítas nas 7 probas para a tempada 2025, máis trofeo para piloto e copiloto.

O equipo vencedor ten a obriga de desfrutar do premio na tempada 2025, non sendo posible desfrutalo en outras tempadas. O mesmo tería que ser comunicado por escrito ao efecto ó Comité Organizador, e iste ser aceptado, ou ben en caso de renunciar pasaría ao seguinte clasificado.

Para inscribirse na copa é preciso encher o formulario que está disponible no apartado Copas de Promoción na páxina web da FGA (www.fga.es).

Compartir