MRF REAFIRMA A SÚA APOSTA POLO FUTURO CON PREMIOS PARA OS CARCROSS JÚNIOR EN AUTOCROSS

23 abril, 2024

A firma de pneumáticos MRF, que esta tempada aterriza no Campionato Xunta de Galicia de Autocross dentro da categoría carcross, amplía a súa aposta polo certame autonómico con premios económicos por proba para os participantes da Clase V, reservada a pilotos júnior de autocross.

Desta forma, o fabricante de pneumáticos certifica a súa vontade de procurar novos talentos no mundo do automobilismo da man da FGA, nunha liña de entendemento e boa sintonía. A nova Copa Júnior MRF terá os seguintes premios por carreira:

  1. 150 euros.
  2. 100 euros.
  3. 50 euros.

A primeira proba puntuable deste novo formato será xa no Autocross de O Castro e as condicións de participación son as mesmas que para os inscritos da modalidade sénior que están recollidas no regulamento. É preciso inscribirse na Copa no formulario que está activo na páxina web da FGA no apartado «Copas de Promoción» e contactar con calquera dos fornecedores autorizados neste formato para ter suministro de rodas de cara a esta cita inaugural.

Compartir