A FGA AXUDARÁ AOS PILOTOS E COPILOTOS GALEGOS PARA QUE PARTICIPEN EN PROBAS DE CARÁCTER NACIONAL EN GALICIA

24 abril, 2024

A Federación Galega de Automobilismo pon en marcha un programa de axudas aos pilotos e copilotos galegos para que participen en probas de carácter nacional en Galicia..

A axuda, orientada ás probas puntuables para os distintos Campionatos de España en Galicia, será de 50 euros para piloto e copiloto e contribuirá ao pago do permiso de participación ou á habilitación da licencia nacional.

As condicións para a concesión desta axuda de 50 euros (piloto ou copiloto) son:

  • Estar en posesión da licencia autonómica de Galicia.
  • Solicitar o certificado á FGA como poseedor da licencia autonómica de Galicia.
  • Tramitar a habilitación nacional ou o permiso de participación.
  • A FGA aboará 50 euros por piloto ou copiloto que habiliten a licencia ou soliciten o permiso de participación para a proba, debendo estar inscritos na proba que soliciten a axuda.
  • O abono destas axudas farase efectivo ao organizador do evento para que aplique o desconto aos pilotos e copilotos.

Desta forma a Federación Galega de Automobilismo colabora cos federados e as organizacións de carácter nacional galegas para que conten co maior número de inscritos nas súas citas deportivas.

Compartir