O Campionato Xunta de Galicia de Montaña – Circuito Internacional de Montalegre despídese neste 2026 co retorno dun trazado fácilmente recoñecible, a Subida a Oia.
A rampa, que contará con nada menos que 127 equipos na liña de saída (o récor da tempada e dos últimos anos no galego, preto do récord histórico da Subida a Chantada fai máis de 25 anos), demostra a importancia deste trazado, coñecido pola súa espectacularidade e beleza.
Cos títulos de carrozados e non carrozados decididos, o aliciente estará en coñecer quen será o novo gañador da subida, na que a emoción está servida en ambas categorías.
A primeira das mangas de adestramentos do sábado comezará as 13:30 horas, coas dúas oficiais xusto a continuación.
Xa no domingo, a actividade dará comezo a partir das 09:30 horas da tarde coa segunda manga de adestramentos. Baixo o mesmo formato e xusto a continuación terán lugar as dúas mangas oficiais restantes.
A entrega de premios da proba terá lugar ó término da proba no mosteiro de Santa María de Oia.
