O CASTRO DESPIDE O GALEGO DE AUTOCROSS

9 octubre, 2026

O Campionato Xunta de Galicia de Autocross despídese esta fin de semana coa segunda parada no circuito de Taragoña. O Autocross de O Castro, séptima proba do certame, reunirá a case 50 equipos no que foi un ano tremendamente igualado.

Coa grande parte dos certames xa decididos, o trazado coruñés botará o pano dun ano excitante no apartado deportivo, no que as batallas en tódalas categorías foron a tónica predominante.

A actividade deportiva dará comezo a partir das 10:30 horas co warm-up de tódalas categorías, para pasar a continuación ás distintas mangas de adestramentos.

Despois do parón do mediodía para o acondicionamento do circuito chegará o turno das mangas clasificatorias para afrontar desde as 17:45 horas as distintas finais.

A entrega de premios está marcada despois das 19:00 horas.

Compartir