O PROGRAMA FGA NAS AULAS DE PRIMARIA VISITOU O COLEXIO PÚBLICO A FLORIDA DE SANXENXO

22 febrero, 2024

O programa de charlas “FGA nas Aulas” cumpriu a súa cuarta etapa este xoves 22 de febreiro visitando o Colexio Público A Florida, na localidade pontevedresa de Sanxenxo.

Novamente, este ciclo de coloquios, que conta coa colaboración de Supermercados Gadis, contou con 60 alumnos de distintas idades que recibiron nocións sobre o mundo da competición e puideron escoitar as anécdotas de Jesús Pombo e José Antonio Otero, pilotos da Escudería Congostra Team Sanxenxo e que ademáis achegaron os seus vehículos de competición ao centro.

Despois do xa habitual turno de preguntas e dun pequeno refrixerio cortesía de Gadis e Kalekoi, os alumnos puideron observar de preto o Fórmula Renault de Jesús Pombo e o Skoda Fabia R5 de José Antonio Otero, ambos participantes habituais dos campionatos autonómicos galegos.

Ademáis, os alumnos recibiron as indicacións para participar no concurso de debuxo que fará que un deles sexa o deseñador do Renault Clio Rally5 de Álvaro Castro Laíño e Isidro Rey nunha proba do Campionato Galego de Rallyes.

Compartir