A FGA EDITA O LIBRO «CARREIRA A CARREIRA», UN RESUMO GRÁFICO DA TEMPADA 2023

21 febrero, 2024

O Federación Galega de Automobilismo editará nos próximos días “Carreira a Carreira”, un libro resumo no que se recopilan todas as probas automobilísticas de carácter autonómico nos distintos certames de 2023.

Cun total de 352 páxinas e máis de 500 fotografías, este libro servirá como recordo dunha tempada na que a actividade foi frenética, con case medio cento de competicións entre os meses de febreiro e decembro.

Este volume inclúe, ademáis das fotografías, crónicas e clasificacións de todas as probas, conformando un compendio gráfico que terá continuidade nas próximas campañas.

Os beneficios da venta de “Carreira a Carreira” serán destinados ao proxecto deportivo dun federado de cara a tempada 2024, dentro duns criterios que marquen a promoción e crecemento dentro do certame no que decida participar.

O prezo de “Carreira a Carreira” é de 30 euros (gastos de envío incluidos) e a pre-reserva pode realizarse a través da páxina web da Federación Galega de Automobilismo (www.fga.es ou https://www.fga.es/anuario-deportivo-fga/ ).

Compartir