O CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE MONTAÑA – CIRCUITO INTERNACIONAL DE MONTALEGRE COMEZA EN TABOADA

24 abril, 2026

O Campionato Xunta de Galicia de Montaña – Circuito Internacional de Montalegre retorna esta fin de semana coa primeira proba puntuable, a Subida a Taboada, en Lugo.

Novo certame e novo firme para a rampa lucense, que deu un paso adiante en moitos aspectos para convertirse nunha das probas do calendario autonómico.

Coas verificacións optativas na tarde deste venres 24 de abril, a actividade deportiva trasládase ao sábado e domingo, co formato habitual dunha manga de adestramentos e dúas oficiais en ámbolos dous días.

En canto aos inscritos, Jacobo Senín defende coroa e récord absoluto da proba coa súa nova, nunha carreira que terá 65 equipos na liña de saída, o seu récord absoluto dende o retorno ao certame.

Entre os carrozados, a grande novidade e presenza de Jorge Pérez co novo Porsche 992 GT3 Cup nunha categoría na que terá competencia durante todo o curso.

Toda a información da proba pódese atopar no Sportity: TABOADA26.

Os tempos online estarán disponibles en:

TEMPOS ONLINE

Compartir