CASE 60 EQUIPOS NA SEGUNDA PROBA DO AUTONÓMICO DE AUTOCROSS EN O CASTRO

24 abril, 2026

Segunda parada da tempada no Campionato Xunta de Galicia de Autocross e primeira visita do curso ao circuito de Taragoña en Rianxo.

Nova proba do certame autonómico e novamente unha excelente lista de inscritos con case 60 equipos nas grellas de saída das catro categorías con representación na cita.

Nesta ocasión estarán tódolos candidatos aos títulos autonómicos, o que sumado ao bo tempo que se agarda en O Castro, fará do sábado unha xornada interesante.

A actividade comezará coas verificacións técnicas para pasar ao formato habitual nesta tempada co warmup e clasificatorias.

Xa durante a tarde, turno para as clasificatorias e as finais, das que sairán os campións desta proba.

Os horarios e inscritos da carreira pódense consultar no Sportity: OCASTRO26

Compartir