A segunda edición do ciclo de charlas «FGA nas Aulas de Primaria» baixou o pano este mércores 15 de outubro co acto de presentación da rotulación do Renault Clio Rally5 do becado da Federación, Marco Lorenzo, para o Rally San Froilán.
O alumno do Colegio Lar de Mos, Aitor Alonso foi o gañador do concurso de debuxo posto en marcha nesta iniciativa, na que participaron máis de 900 nenos de toda Galicia. A adaptación do debuxo correu a cargo de Pablichor Designs.
A proposta de Aitor, chea de cor e elementos asociados ao verán, foi a escollida polos membros do xurado, nunha votación moi reñida.
Despois desta presentación, Marco Lorenzo e Diego Gil estarán presentes na última proba puntuable para o Clio Trophy Galicia que terá lugar no Rally San Froilán de Lugo.
Esta iniciativa conta coa colaboración de Supermercados Gadis e Grupo Recalvi.
Nas próximas semanas abrirase o prazo de inscripción para a terceira edición do programa «FGA nas Aulas de Primaria». O formulario estará na páxina web da FGA (www.fga.es).


