DECLARACIÓN PNEUMÁTICOS KUMHO OBLIGATORIA EN AUTOCROSS

23 abril, 2024

De cara a favorecer a igualdade e ter control dos pneumáticos a utilizar no Campionato Xunta de Galicia de Autocross, decidiuse xunto con ASR Racing Tyres, fornecedor de Kumho no certame, habilitar unha declaración obligatoria dos mesmos en todas as probas puntuables.

Desta forma, todos os equipos que utilicen esta marca de pneumáticos deberán encher o formulario habilitado no apartado da proba. Esto permitirá a ASR ter un control exacto dos mesmos.

No caso de non marcar todos os pneumáticos deberase poñer un X para poder rematar de complementar o formulario.

A continuación pódese acceder ao mesmo, que xa está disponible no apartado desta web referido ao Autocross de O Castro.

ACCEDER DECLARACIÓN PNEUMÁTICOS KUMHO

Compartir