Javier Lea, Daniel Señarís, Beto Lorenzo e Arón Cid, foron os mellores na despedida do Campionato Xunta de Galicia de Autocross, que celebrou a súa última proba do curso en O Castro.
Na clase I, victoria para Javier Lea, pero título para Alejandro Vecino, que co segundo posto obtido nesta segunda carreira de O Castro fíxose co cetro autonómico.
Completou o podio da carreira Eloy Castro, no Peugeot 106.
Na Clase II, triunfo para Daniel Señarís, que se recuperou dunha mañá chea de problemas para sumar un primeiro lugar ó seu palmarés. O segundo posto da xeral foi para Dani Castro e o terceiro para Martín Castro.
Beto Lorenzo sumou un novo primeiro lugar a unha tempada para enmarcar no certame autonómico. O do LifeLive impúxose a Darío Calviño e a Andrés Iglesias.
O vencedor dentro da Copa MRF Senior foi Dani Rey, seguido de Manuel Costas e de Cristian Pérez.
Por último na categoría reservada ós carcross júnior, primeiro lugar para o ourensán Arón Cid, seguido de Pablo Molinos (primeiro MRF Júnior) e o integrante do FGA Júnior Team, Manu Mariño (segundo MRF Júnior).
