Jorge Pérez Alonso, aos mandos do Porsche 992 GT3, foi o vencedor absoluto da Subida a Oia, séptima e última proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Montaña – Circuito Internacional de Montalegre.
Retorno da cita pontevedresa ó calendario autonómico e moito público nas dúas xornadas de competición que contou con máis de 120 equipos na liña de saída ao carón do mar.
Se na xornada do sábado o bo tempo foi a compañeira de viaxe, o domingo a néboa e a chuvia convertíronse en protagonistas, condicionando, en parte, a disputa da carreira.
Sobre ese terreo deslizante, Jorge Pérez Alonso homenaxeou ó seu irmán «Gilillo» co triunfo absoluto.
Pérez deixou o crono fixado en 5:21.579, apenas dous segundos máis rápido que o leonés Jonatan Rodríguez, nun Skoda Fabia R5.
Lastrado por unha saída de estrada na xornada do domingo, Pablo Rey tivo que conformarse co terceiro chanzo do podio e a victoria entre os non carrozados na Norma M20F.
No cuarto posto e completando o podio da categoría de carrozados situouse, Sergio Vallejo, xusto por diante de Jonathan Álvarez, que foi quinto clasificado.
Alfonso «Pisko» Ventín foi o máis rápido entre os participantes da Clase 8 reservada a carcross por diante de Beni Porto e Jesús Blanco.
O piloto do FGA Júnior Team by MaxiDeza, Alex Pereira, despediuse da súa tempada de debut cun quinto posto na clase 8 e un 12º posto da xeral nun ano de aprendizaxe e moi bos momentos.
Yelco Álvarez foi o vencedor da Copa CM – Montaña, seguido de Bernardino Lorenzo e Juan González.
Entre os equipos participantes en regularidade, primeiro posto para Ismael Fernández e Sheila Figueroa. A continuación situáronse Samuel Fariña e Irene Riveiro e Yardel Pérez e Ángel Alfaya.
