Meizán Granda, Rafael Simón, Alejandro Méndez, Saúl Vaz e Lino Collado foron os primeiros vencedores da tempada no Campionato Xunta de Galicia de Karting, que durante esta fin de semana visitou o trazado de As Pontes e contou coa presenza de máis de 100 equipos inscritos.
Na categoría Rookie o mellor clasificado final foi Meizán Granda, que no final da xornada sumou 35 puntos polos 30 de Aitor Otamendi e os 21 de Marco Estévez.
Un chanzo por riba, na modalidade mini, primeira posición para Rafael Simón, seguido na clasificación xeral por Dani López e Jorge Peña. Enzo Prada foi o primeiro na modalidade mini novel, adicada aos debutantes na modalidade. A continuación situáronse Aroa Fernández e Álex Busto.
Alejandro Méndez foi o primeiro clasificado dentro do participante na categoría Júnior. Completaron o podio Ramiro Martín e Martín Mori, respectivamente.
Na categoría sénior, primeiro triunfo da tempada para Saúl Vaz. A continuación clasificáronse Brais García e Nicolás Rodríguez.
Entre os participantes na categoría raíña, os KZ, primeiro posto da clasificación xeral para Lino Collado. O segundo posto da clasificación foi para César Álvarez e o terceiro para Daniel Fábrega. Entre os participantes na modalidade KZ2, primeiro posto para Guillermo Carrera, seguido de Jorge Suárez e José Ignacio Méndez.
A próxima proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Karting terá lugar no circuito de Outeiro de Rei, os dias 21 e 22 de xuño.
