O domingo 13 de abril, o circuito de A Madalena, no Concello de Forcarei, acolle a primeira selección da beca «Motor Futuro» da Deputación de Ourense, que permitirá que un xoven piloto da provincia de entre 18 e 24 anos compita dentro da Sandero Eco Cup Galicia en 2025.
Finalmente serán dez ourensáns os que tentarán levarse este premio, que conta coa Federación Galega de Automobilismo e PAST Autos Racing como colaboradores.
Os inscritos son:
- Álvaro Pérez Filgueira
- Axel García Villarino
- Rubén Castillo López
- Marcos Pérez Pérez
- Martín Rivera Pérez
- Kevin Martínez Ponce
- Bruno Varela Montes
- Roi Sánchez Iglesias
- Yeray González Fernández
- Alejandro Fernándes Rodríguez
No caso de que algún aspirante enviase o xustificante de pago e o boletín de inscrición en tempo e forma e non figure neste listado, pode poñerse en contacto coa FGA no enderezo de email fga@fga.es ou no teléfono 988 272841 para ser incluido.
Os aspirantes ao volante do Dacia Sandero Stepway deberán estar na entrada do circuito de A Madalena ás 09:00 horas. Unha vez revisados os seus datos recibirán un curso de concucción por parte de PTC Escuela, empresa encargada da selección, e posteriormente iniciarán o proceso de selección, do que sairá o gañador. A selección durará aproximadamente ata o mediodía.
Recoméndase acudir con calzado cómodo para as probas a realizar.
