DESVELADOS OS FINALISTAS DO CONCURSO DE DEBUXO «FGA NAS AULAS DE PRIMARIA»

19 octubre, 2026

O concurso de debuxo do programa «FGA nas Aulas de Primaria» xa ten os seus sete finalistas. Nesta terceira edición do ciclo de charlas de introducción ó automobilismo deportivo impulsado pola Federación Galega de Automobilismo foron máis de 1.200 escolares os que aprenderon nocións do apartado deportivo, pero tamén sobre seguridade vial, nutrición e hábitos saudables.

Dentro das actividades complementarias á propia charla, o concurso de debuxo trouxo a emoción ós nenos e nenas, que respostaron un ano máis de forma espectacular. A oficina da FGA recibiu máis de 1.000 debuxos cunha orixinalidade digna de artistas de idades superiores.

Despois dun proceso de selección realmente complicado pola calidade dos deseños, os 5 finalistas desta edición son:

  • Nuria Souto Alonso – Colexio Plurilingüe San José (Ourense)
  • Irixa González González – CEIP Bermúdez Couso (Trives, Ourense)
  • Julia Tacón – Colegio Plurilingüe Padre Míguez, Calasancias (Vigo, Pontevedra)
  • Noa Fernández García – CEIP Plurilingüe Gregorio Sanz (Ribadeo, Lugo)
  • María Gabriela González Pérez – CEIP Xosé Luís Taboada (Carballedo, Lugo)

O xurado, formado polos patrocinadores do «FGA nas Aulas de Primaria» e o presidente da Comisión Xestora da FGA, Antonio Rodríguez Troitiño, decidirá durante a semana o debuxo gañador que será portado por Miguel Gayoso e Carlos Guitián na última proba do Campionato Xunta de Galicia de Rallyes – Recalvi, o Rally Ourense – Ribeira Sacra.

Compartir