Alberto Meira e Avelino Martínez, no Skoda Fabia R5, foron os vencedores da 48 edición do Rañly San Froilán, oitava proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes Recalvi.
Meira e Martínez foron os grandes dominadores da carreira durante as dúas xornadas de competición finalizando a proba cun tempo de Xx, obtendo ademáis a victoria no Supercampionato R5 Recalvi.
O segundo chanzo do podio foi a parar a mans de José Lamela e Unai Conde no Citroën C3 Rally2, nunha fermosa loita con Paco Dorado e Andrea Lamas, que retornaban o asfalto dúas tempadad despois no Skoda Fabia Rs Rally2.
Completaron os cinco primeiros clasificados, Luis Vilariño e David Míguez e Alejandro Remuiñan e Álvaro Cerqueiras.
Na Top Ten B, primeiro posto para Adrián Díaz e Diego Rodríguez (1° Plus), que acadaron ademáis o sexto posto da xeral. Marcos Díaz e Víctor López foron segundos e Óscar Alvaredo e José Manuel López, terceiros.
Na modalidade B Classic, dominio de Marcos Díaz e Víctor López con Rubén Santas y David Ferreira y Carlos López e David Saavedra, como segundo e terceiro, respectivamente.
E no Clio Trophy Galicia, sorpresa co abandono de Miguel Gayoso e Carlos Guitián. Desta forma, victoria para Marco Lorenzo e José Ángel Fente e segundo posto para Adrián Torreiro e Pedro Rivas. Ánxel Vizoso e Brais Arranz, equipo integrante do FGA júnior team foi terceiro clasificado.
Dani Álvarez e Adrián Vázquez impuxéronse na AMF Pirelli a Fran Pazos e Esteban Rey e a David Rodríguez e Alejandro Somoza.
Por último, dentro do Volante FGA, primeiro lugar para Yeray González e Alberto Rodríguez , seguido de Alejandro e Iván Cagiao e de Pablo García e Adrián Salgueiro.
A última proba do Campionato Xunta de Galicia de Rallyes Recalvi tera lugar no mes de novembro en Ourense co retornk do Rally Ourense – Ribeira Sacra.
