A Federación Galega de Automobilismo alcanzou un acordo con ASR Tyres & Motorsport e a marca de pneumáticos Kumho para ser fornecedor das Clases I e II no Campionato Xunta de Galicia de Autocross na tempada 2024 cuns prezos e condicións moi positivas para os pilotos.
Desta forma, os participantes nestas dúas clases, sendo Kumho proveedor único de pneumáticos son:
- Desconto do 15% sobre tarifa actual.
- Premios finais aos gañadores de cada Clase I e II, licencias 2025 pagadas por ASR Tyres, así como todas as inscricións nas probas nas que tomen parte dentro do Campionato de Galicia de Autocross 2025.
- Na primeira compra do ano teranse que mercar como mínimo 2 pneumáticos, só para que esta compra se aplicará o desconto do 15% e se enviarán outros 2 pneumáticos sen cargo.
- Cada participante recibirá xunto coa primeira compra a publicidade obrigatoria da marca de ASR Tyres.
- Durante tres tempadas manterase o prezo dos pneumáticos publicados neste ano.