Este domingo 18 de xaneiro no circuito de A Madalena en Forcarei terá lugar a terceira selección de piloto do programa «+Talento Motor» da Deputación de Pontevedra.
Este programa de promoción do automobilismo deportivo impulsado pola Deputación de Pontevedra e coa colaboración da Federación Galega de Automobilismo e AMF Motorsport dará unha oportunidade a un xoven talento da provincia para formarse coma piloto no Volante FGA – Sandero Eco Cup Galicia 2026.
Nesta terceira edición serán 14 os aspirantes que participarán nun curso de conducción deportiva e posteriormente afrontarán as mangas eliminatorias do que sairá o campión.
A selección comezará as 9:00 horas, pero os aspirantes deberán estar ás 08:45 na porta do trazado para realizar as comprobacións pertinentes. É preciso levar o DNI para acceder.
Os aspirantes deste ano son:
- Iago García Palacios
- Adrián Gómez Couñago
- Miguel González Domínguez
- Daniel González Sánchez
- Adrián Domínguez Pereira
- Miguel González Freiría
- Lucía Mariño Estévez
- Pablo Tinahones Figueroa
- Pablo Sierra Villaverde
- Pablo Lorenzo Estévez
- Mario Rodríguez Nandín
- Uxío Tobio Juan
- Iván Piedras Camiña
- Cristian Ferreira Lareo
