A Federación Galega de Automobilismo e ANUBE, novo proveedor de servizos de cronometraxe celebrarán o día 7 de febreiro ás 16:00 horas no Centro Comercial Pontiñas de Lalín un curso de formación no novo sistema de control de tempos da empresa galega.
Este curso, de carácter gratuito, está dirixido aos organizadores de probas autonómicas galegas e ós equipos de traballo nos treitos, xa que serán elas as que deberán familiarizarse con este novo sistema.
Recoméndase a asistencia de tódolos organizadores galegos, con dúas prazas para cada un deles.
Para formalizar a inscripción é preciso encher o seguinte formulario:
