APERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDE DE ACREDITACIÓN DE PRENSA FGA 2026

19 enero, 2026

O Departamento de comunicación abriu o prazo de solicitude de acreditación de prensa para a tempada 2026 nos diferentes Campionatos Xunta de Galicia de automobilismo.

Esta acreditación de prensa, persoal e intransferible na súa integridade (chaleco + colgante), permitirá traballar como prensa nas distintas probas e acceder a espazos restrinxidos coma cerimonias de saída e podios de chegada.

Para solicitar a acreditación é preciso encher o formulario habilitado a continuación e enviar un dossier coas probas realizadas en Galicia na tempada 2025  e o traballo realizado nelas do mesmo xeito que se solicitou no 2025. O correo deberá remitirse a prensa@fga.es

O feito de contar con licenza no 2025 non garante obtela no 2026. Para evitar conflictos entre a RFEDA e a FGA, tódolos acreditados galegos terán a posibilidade de ter un peto provisional nas probas Nacionais de Galicia, previa solicitude no proceso de acreditación de cada unha das probas e sempre por consenso de ámbalas dúas federacións.

Todos aqueles que teñan a acreditación de prensa nacional ou autonómica retirada por motivos disciplinarios non a obterán en ningunha das federacións. A acreditación de Servicios profesionais da Rfeda non será aceptada se non vai acompañada do seguro ampliado de prensa.

O límite de acreditacións por medio é de 5 para grandes medios e 1 ou 2 para medios ou acreditados pequenos.

Unha vez recibida a confirmación por correo electrónico de que a acreditación foi concedida, haberá que entrar na plataforma podium e retirar o seguro ampliado de prensa (100€).

Só co seguro e aceptación se emitirá a acreditación de 2026. O prazo de solicitude remata o día 1 de marzo de 2026 e unha vez pechado non se abrirá posteriormente por razóns loxísticas.

SOLICITUDE ACREDITACIÓN DE PRENSA 2026

ACCESO A PODIUM

Dentro da plataforma, o usuario deberá entrar en nova prestación e facer o seguinte seguro:

Unha vez completado o pago deben enviar o xustificante a prensa@fga.es. para que sexa validado.

Despois de completar todos esos pasos será enviado ó domicilio do acreditado o chaleco e a acreditación da tempada 2026.

Compartir