BERDOMÁS E MIRÓN VENCEN O RALLYE DE FERROL

22 agosto, 2026

Dani Berdomás e Brais Mirón foron os gañadores do Rallye de Ferrol, sexta proba pubtuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes Recalvi.

Berdomás e Mirón inscribiron o seu nome por primeira vez no palmarés da cita ferrolana nunha proba que dominaron desde o comezo (1.00.01.900). O equipo do Citroën C3 Rally2 viuse ademáis beneficiado pola picada dun pneumático de Alberto Meira e Avelino Martínez, que remontaron ata o terceiro lugar.

Xusto por diante situáronse José Lamela e Unai Conde, na súa estrea co Citroën C3 Rally2. Lamela foi quen de aguantar o ataque de Meira no último bucle para firmar unha excelente segunda praza.
Completaron os cinco primeiros postos, Iago Gabeiras e Ian Quintana no seu rally de debut co Hyundai I20 e Antón Pérez e Manu Estévez no Skoda Fabia R5.

Nas copas, primeiro posto para os irmáns Iglesias, Tino e Jorge Iglesias na Top Ten B +, con Diego Varela e María Becerra e Óscar Alvaredo e José Manuel López.

Na Classic, victoria para Carlos López e David Saavedra. Completaron o podio Vicente Cabarcos e José Luis López e Rubén santas e David Ferreira.
Jorge Pérez e Javi Martínez fixeron doblete ao vencer a Top Ten C e a Challenge R2 Staroil. O segundo posto en ambos formatos foi para David Rivas e José Vieitez e o terceiro para Pablo Sánchez e Rubén Tourón aos que unha picada dunha roda na recta final da proba os fixo perder o triunfo.

Na AMF Pirelli, primeiro posto para Marcos Sanromán e Uxía Freire, seguido de Omar López e Luis Prego e de Fran Pazos e Esteban Rey.
Por último no Criterium Recalvi, o primeiro foi Alejandro Pena e Uxío Garcia. A continuación situáronse Yago Romero e Nerea González e Rubén Gandoy e María Sandra Torrente.

A seguinte proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes Recalvi será o Rally Comarca do Carballiño no mes de setembro.

Compartir