A SUBIDA A TABOADELA, QUINTA PARADA DO CERTAME AUTONÓMICO DE MONTAÑA

21 agosto, 2026

A localidade ourensá de Taboadela acollerá a quinta proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Montaña – Circuito Internacional de Montalegre. Récord de inscritos na proba ourensá, que durante esta fin de semana (sábado 22 e domingo 23) levará ao seu trazado aos mellores especialistas das rampas da autonomía.

Destaca, ademáis da presenza dos principais candidatos ao título, a participación do ex-campión galego Pablo Rey, que na súa Norma tentará recuperar o ritmo de competición. Entre os carrozados, nova batalla entre os tres GT3 (Jorge Pérez, Javier Carballo e Jonathan Álvarez) e os dous TCR (Fran Casqueiro e Manuel Senra), con permiso do Mitjet de Rubén Blanco.

Como non, presenza dos participantes da Copa CM Montaña e as loitas nas diferentes agrupacións, cos carcross como punto de interese na clase 8.

En canto aos horarios, a proba comezará os sábado a partir das 15:00 coa primeira manga de adestramentos. Xusto a continuación terán lugar as dúas primeiras mangas oficiais.

Xa no domingo, co mesmo formato de competición, a hora de inicio está marcada ás 09:00 horas.

A entrega de premios terá lugar en Taboadela ao remate da proba.

Compartir