Daniel Berdomás e Brais Mirón, aos mandos do Citroën C3 Rally2 (1.01.35.300), lograron a victoria no Rally Comarca de Carballiño, séptima proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes – Recalvi.
Berdomás e Mirón partían coma favoritos ao triunfo e non deron opción aos seus rivais para sumar os puntos necesarios para facerse co título absoluto a falta de dúas probas. O equipo do Citroën partiu cun forte ritmo durante toda a xornada nunha fermosa loita con Alberto Meira e Avelino Martínez e José Lamela e Unai Conde, pero que pronto rematou polo abandono de ámbolos dous equipos.
Desta forma e co camiño libre, Berdomás e Mirón controlaron a proba para firmar un novo triunfo, o quinto deste curso (1º no Supercampionato R5 Recalvi), para acadar o primeiro título absoluto de pilotos e copilotos.
Na xornada de festa do JRT Team, o segundo posto foi para o patrón do equipo, Javier Ramos, copilotado por Álex Moure (2º Supercampionato R5). Aos mandos do Hyundai I20 Rally2 situáronse a algo máis de dous minutos do seu compañeiro de equipo.
O terceiro chanzo do podio, o primeiro da súa carreira deportiva no Campionato Xunta de Galicia de Rallyes – Recalvi foi para Daniel Montoto e José Zúñiga (3º Supercampionato R5), protagonizando unha interesante remontada ante o equipo que finalmente sería o cuarto clasificado formado por Jorge Pérez e Manuel Raido, no sempre espectacular Porsche 991 GT3.
Completaron os cinco primeiros clasificados, Diego Félix e Raquel Rodríguez, que obtiveron ademáis a victoria na Challenge R2 – Staroil e na Top Ten Pirelli C.
Precisamente na Challenge R2 – Staroil, segundo posto e triunfo final no certame para Daniel Rivas e José Vieitez (2º Top Ten C), logo dunha xornada marcada pola súa loita con Jorge Pérez e Cristian Álvarez (3º Top Ten C), que finalmente foron terceiros e subcampións do certame.
Dentro da Top Ten B, primeiro posto para Fermín Sousa e Carmen González, no Renault Clio R3T, seguidos do xa campión Celestino Iglesias, nesta ocasión copilotado por Vanessa Maquieira e Benito Puceiro e Christopher Telmo, ambos en Ford Fiesta N5.
Na modalidade Classic, primeiro lugar para Carlos Freire e David Saavedra, con Antonio Cereijo e Juan Antonio García e Juan Jose Mato e Andrea Balayo no segundo e terceiro posto, respectivamente.
Dani Álvarez e Adrián Vázquez romperon o seu maleficio das últimas probas cun triunfo na Pirelli AMF, por diante de Fran Pazos e Sergio Gonzalo e de Guillermo Vilavedra e José Francisco Luque. Un dos aspirantes a facerse co triunfo final no certame, Marcos Sanromán, con Uxía Freire, sufriron un percance mecánico que os atrasou moito na xeral.
Entre os participantes da AMF Orixe, primeiro posto para Samuel Graña e Sergio C. Boga, con Anxo Blanco e Alex Somoza en segundo posto e Roberto Suárez e Cristian García, terceiros.
Por último no Criterium Recalvi, primeira posición para Ricard Franco e Sergio Fernández, con Alejandro Pena e Andrea Painceira en segundo posto e Yago Romero e Nerea González no terceiro lugar da clasificación.
Romero e González sumaron ademáis os puntos para convertirse en novos campións do Criterium Recalvi, nunha competición con un nivel e número de participantes moi elevado.
A seguinte proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes – Recalvi será o Rally San Froilán, no mes de outubro.
