ARTEIXO ACOLLEU A SEGUNDA PARADA DO GALEGO DE AUTOCROSS

11 mayo, 2024

O Campionato Xunta de Galicia de Autocross aterrizou este sábado 11 de maio no circuito de Arteixo, nunha proba con máis de medio cento de inscritos.

A segunda cita puntuable do certame autonómico deixou importantes doses de emoción dende primeira hora da mañá, nunha pista nun estado ideal para a competición.
Dentro da clase I, reservada a -1.600, primeiro posto para Martín Castro, seguido de Manoel Felípez e José Cambón.

Na sempre concorrida clase I para +1.600, victoria para Daniel Señarís, con Felipe Santos e Daniel Castro xusto a continuación.

Entre os carcross da clase III o mellor na final foi Ioritz Zalloetxebarria no Ya car. O segundo ee terceiro posto da clasificación foi para Alejandro Medín e Esteban Trigo.

Sergio Busto, na cuarta plaza da xeral foi o primeiro clasificado da Copa MRF, con Iván Couto segundo (séptimo da xeral) e Javier Senín, terceiro (décimo da xeral).

Por último, primeira victoria do curso para Manuel Bermúdez, seguido de Joao Agra Traila e de Iago Rodríguez, que foi primeiro dentros participantes da Copa Mrf júnior.

Os becados da FGA, Álex Mariño e Dani Abellón foron cuarto e séptimo, respectivamente.
A próxima proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Autocross terá lugar en Carballo o día 8 de xuño.

Compartir