ARTEIXO ACOLLE A SEGUNDA PARADA DO CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE AUTOCROSS

10 mayo, 2024

Arteixo, un dos trazados emblemáticos da autonomía, acolle este sábado 11 de maio a segunda data puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Autocross.

A proba coruñesa, que contará con máis de medio cento de inscritos nas catro categorías presentes deixará unha xornada de emoción e competitividade en todas e cada unha das mangas puntuables.

Prácticamente todos os favoritos estarán en Arteixo, con especial atención as categorías III e V que contarán con nada menos que 26 e 7 inscritos, respectivamente. Ademáis da competición en Carcross, haberá tamén unha grande inscripción en +1.600 centímetros cúbicos, con 13 equipos e sete máis en -1.600 centímetros cúbicos.

A actividade comezará as 08:00 horas da mañá coas verificacións administrativas e técnicas, para pasar xusto a continuación, ás 10:45 horas, coas mangas de adestramentos libres e oficiais nas catro categorías presentes.

A partir das 15:30 horas e despois do parón para reacondicionar o trazado comezarán as clasificatorias e as finais, estas últimas con comezo ás 19:00 horas.

A entrega de premios aos gañadores está marcada para as 22:00 horas.

Compartir