Alejandro Cagiao, aos mandos dun Peugeot 106, foi o vencedor do Slalom Scratch Fene, última proba da tempada no Campionato Xunta de Galicia de Slalom.
A cita da comarca de Ferrolterra, a máis veterana do certame, contou con case un cento de participantes, no que se convertiu nunha festa do automobilismo.
Cagiao completou o percorrido marcado pola organización cun tempo de 1:45.091, algo menos de dúas décimas máis rápido que Diego González Castro, nun Citroën Saxo.
O terceiro chanzo do podio foi para Iván Picallo, que chegaba a esta proba co título no peto. Picallo realizou un crono de 1:45,774.
Completaron os cinco primeiros clasificados da clasificación PAblo Castro e Anxo Lariño, dous dos animadores do certame durante toda a tempada 2025.
Mariquiña Chao foi a primeira clasificada no Trofeo Feminino, seguida de María Abalde e Tamara Pereira.
No Trofeo Manuel Gandoy o mellor foi Francisco Rodríguez, mentres que Roberto Calvo e Iván Penabad foron segundo e terceiro clasificado, respectivamente.
