Fin de curso no Campionato Xunta de Galicia de Slalom coa celebración da decana do certame, un Slalom Scratch Fene que nesta edición batiu o seu récord de inscritos.
Finalmente serán 94 equipos os que tomarán a saída na cita coruñesa, nun trazado urbano que leva a emoción da modalidade ao centro da localidade.
Entre os favoritos estarán os principais candidatos á victoria durante toda a tempada aos que se unen habituais doutras modalidades e o vencedor da tempada pasada, un José Lamela que ven de realizar unha espectacular tempada na Yaris Gr Cup.
Con respecto aos horarios, as verificacións comezarán este sábado 22 de novembro ás 08:00 horas da mañá. A primeira manga de adestramento terá lugar ás 10:15 horas, coa segunda xusto a continuación.
A primeira das mangas oficiais comezará ás 15:30 horas. A derradeira manga terá lugar xusto a continuación.
A entrega de premios terá lugar ás 22:00 horas no pavillón A Xunqueira.
