AITOR FORNOS, GAÑADOR DO SLALOM DE SARRIA

15 junio, 2026

Aitor Fornos, aos mandos dun Citroën AX, foi o vencedor do Slalom de Sarria, segunda proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia da modalidade celebrado o pasado sábado 13 na localidade lucense.

Fornos, un dos habituais do certame, deixou o crono fixado en 1:58.564, algo máis de dúas décimas de segundo máis rápido que o segundo clasificado, un Anxo Lariño que de non ser por unha penalización de 10 segundos sería o gañador da carreira.

O terceiro chanzo do podio foi para Pablo Castro, a algo máis dun segundo do vencedor da proba.

Completaron os cinco primeiros clasificados José Manuel Fernández e Rubén Cela, no Peugeot 206 e o BMW Compact, respectivamente.

Entre os debutantes, primeira posición para David Rodríguez, seguido de José González e Diego Grandal.

Eva María Caride foi a mellor dentro do trofeo feminino seguida de Lara Senande e Lucía García.

A próxima proba do Campionato Xunta de Galicia de Slalom terá lugar o día 4 de xullo en Antas de Ulla.

Compartir