ACTUALIZACIÓN ANTEPROXECTOS 2024

29 enero, 2024

Unha vez publicados os anteproxectos das Prescricións Comúns dos Campionatos e Copas de Galicia 2024, así coma dos diferentes Regulamentos Xerais, resulta procedente introducir unha serie de modificacións nos mesmos, unha vez advertidas certas propostas de mellora.
De esta forma, as modificacións que agora se publican se poñen en coñecemento de todos os interesados, e en especial dos asembleístas que deben proceder mañá á súa aprobación.

Regulamento Xeral do Campionato de Galicia de Rallyes 2024.

– Artigo 5.2 Se establece a obriga de establecer unha clasificación a efectos de puntuación no Campionato Galego de Rallyes.
– Artigo 10.1 Matizacións no cadro de vehículos admitidos.
– Artigo 18.2 Se faculta ós organizadores a establecer zonas de velocidade reducida nos recoñecementos.
– Anexo 1 1b) A duración máxima será de 15 horas dende a saída e ata a chegada do primeiro vehículo en Rallyes de un so día.
– Anexo 1 10) Autorización para adiantar as verificacións no caso de celebrarse una cerimonia de saída e/ou treito espectáculo na mesma xornada.

Regulamento Xeral do Campionato de Galicia de Rallysprint 2024.

– Artigo 3.2 Se matizan que en todo caso non puntúan nin optan a premios os WRC, Super 2000, R5, Rally2, N5, N6, GT e RGT.

Prescricións Comúns.

Artigo 2.1 Pilotos menores de idade e suspensión do permiso de condución. Para a práctica do automobilismo en todas as súas modalidades, a excepción de circuítos, autocrossrallycross, rallymix, mix rallye, slalom e karting, será preciso que o piloto (condutor) estea en posesión durante todo o desenrolo da competición, -ademais da licencia federativa apropiada para cada especialidade-, da preceptiva e adecuada autorización administrativa para conducir (permiso de condución), segundo o disposto na lexislación vixente.

Non obstante, o anterior:

2.1.1 Na especialidade de Rallyes.

Un piloto que non estivera en posesión da preceptiva e adecuada autorización administrativa para conducir (permiso de condución) poderá seguir tomando parte na competición, sempre que o seu copiloto sexa quen conduza o vehículo en todos os tramos de enlace que transcorran por vías públicas abertas á circulación normal do tráfico, e sempre e cando se dé algún de estos dous supostos:

a. Que o piloto aínda non teña permiso de condución válido en España, porque non alcanzou a idade
mínima para obtelo.

b. Que o piloto, -a pesar de ter a idade mínima para obter o permiso de condución válido en España-,
non dispoña do mesmo dentro dos 180 días seguintes á data do seu 18 cumpreanos.

2.1.2 Na especialidade de Montaña.
Si fora necesario que o vehículo de competición circulara por algún sector da vía pública aberto ó tráfico, entre o tramo de carreira e a zona de asistencia mecánica, ou viceversa, deberá facelo en condicións especiais de control do organizador e dos axentes de control do tráfico, debido a que incluso puidera ser un vehículo non apto para la circulación normal polas vías públicas, e en consecuencia, o seu condutor poderá non estar en posesión dun permiso de conducir.

2.1.3 No caso de que un piloto se vira afectado por una Sentencia Xudicial que prohiba ó afectado a condución de todo tipo de vehículos de motor durante un tempo determinado, ou que perdera a vixencia do mesmo pola perda total de puntos, implicará a inmediata suspensión da validez da súa Licencia Federativa Deportiva, e a consecuente prohibición de participación en competicións deportivas de automobilismo, en calquera especialidade. Nestes supostos, o piloto deberá notificar a existencia de esta prohibición á FGA inmediatamente. No caso de non facelo poderá ser sancionado con traslado ó Tribunal Galego de Apelación.

Compartir