ACORDOS DA ASEMBLEA ORDINARIA DO 27 DE XANEIRO DE 2024

31 enero, 2024

A Federación Galega de Automobilismo celebrou o sábado 27 de xaneiro a Asemblea Ordinaria aprazada anteriormente pola presentación da moción de censura que finalmente non prosperou.

Os asembleistas, reunidos dende as 16:00 horas, puideron analizar os orzamentos da tempada 2024, que foron aprobados por maioría absoluta.

No seguinte punto do día, a aprobación de actividades, novamente houbo consenso, co apoio, por maioría absoluta, ao mesmo.

Con respecto ao calendario definitivo da tempada 2024 que xa pode descargarse no portal da Federación Galega de Automobilismo, novamente houbo unanimidade, o que mostrou a sintonía entre os organizadores á hora de confeccionalo.

Outro dos puntos do día foi a aprobación dos distintos regulamentos dos certames e copas de promoción da FGA. David Míguez expuxo os cambios nos distintos regulamentos, que foron aprobados por maioría absoluta, permitíndose a Comisión Delegada que faga algunhas variacións debatidas na asemblea.

En canto ás licencias deportivas, a asemblea da Federación Galega de Automobilismo rexeitou o acordo proposto pola RFEDA cun balance de 29 votos en contra, 7 a favor e 10 abstencións.

Tamén se manterá o acordo de integración na RFEDA, algo que foi apoiado por unanimidade.

Por último, acordouse o nombramento de novos vocais para o Tribunal Galego de Apelación da FGA, tamén con unanimidade.

Compartir