ACLARACIÓN SOBRE A LICENZA DE PRENSA EN GALICIA NA TEMPADA 2024

31 enero, 2024

A Federación Galega de Automobilismo recorda que a licencia de prensa será obrigatoria para todos aqueles xornalistas e fotoxornalistas que desexen realizar a súa actividade nos distintos Campionatos Galegos.

Na tempada 2024, do mesmo xeito que sucedeu no 2023, o chaleco de prensa e a correspondente acreditación serán imprescindibles para acceder ao anel interior dos circuitos de karting, ao que se unirán este ano os de autocross.

O poseedor da acreditación de prensa co pertinente chaleco poderá acceder tamén aos parques pechados, cerimonias de saída ou semellantes en todas as competicións baixo o paraugas da FGA. Xa que hai medios locais e autonómicos que soamente estarán en unha proba puntual, a FGA resérvase o dereito de conceder acreditacións individuais para permitirlles o seu traballo e aumentar a difusión dos distintos certames.

Todos os poseedores da acreditación permanente da FGA deberán cubrir o formulario de acreditación que estará disponible en todas as probas, de cara a establecer un control sobre os medios presentes no evento.

O mal uso da acreditación, as faltas de respecto ou conductas que atenten contra o bo desempeño da proba deportiva poderán levar a retirada da licenza e a non expedición na tempada 2025 da mesma. A FGA resérvase o dereito a rexeitar calquera solicitude que non cumpra cos requerimentos mínimos.

Por último, recórdase que a orde a hora de realizar entrevistas durante a tempada será a seguinte:

1.- FGA e productoras oficiais.
2.- Patrocinadores e prensa dos diferentes equipos.
3.- Resto de medios.

Compartir