MRF ATERRIZA NOS CERTAMES GALEGOS CON DÚAS COPAS PARA CARCROSS EN RALLYMIX E AUTOCROSS

19 marzo, 2024

O fabricante de pneumáticos MRF aterriza nos Campionatos Xunta de Galicia de Rallymix e Autocross con dúas copas promocionais dirixidas para vehículos da categoría carcross.

Despois de varios meses de negociacións, a Federación Galega de Automobilismo acadou un acordo polo cal todos aqueles deportistas que desexen participar nestes formatos terán premios adicionais nas citas puntuables para os certames.

Desta forma, no Campionato Xunta de de Galicia de Rallymix que comezará en Touro, a Copa MRF Carcross Rallymix repartirá os seguintes premios:

PREMIOS POR PROBA
1º 450 €
2º 350 €
3º 250 €
4º 200 €
5º 150 €
6º 100 €
7º 50 €
8º 50 €

No tocante á Copa MRF Carcross Autocross, os premios do formato promocional serán os seguintes:

PREMIOS POR PROBA 
1º 250 €
2º 150 €
3º 100 €

Para inscribirse nas Copas MRF haberá que adquirir catro pneumáticos aos fornecedores designados no regulamentos e enviar a factura á FGA no momento de realizar a inscripcion no formulario que estará habilitado na páxina web.

Compartir