PREZOS DOS GPS NOS CAMPIONATO DE GALICIA DE AUTOMOBILISMO 2024

31 enero, 2024

Despois das negociacións coa empresa ANUBE, para o subministro dos GPS nos Campionatos de Galicia que servirán para o seguemento dos vehículos de competición e para alertar á Organización dos equipos de posibles incidencias ou bandeiras vermellas e tamén para que os equipos soliciten axuda de emerxencia pulsando o SOS.

Os prezos serán os seguintes:

Campionato de Galicia de Rallyes:

  • 28€ +I.V.E. por vehículo (con persoal Anube)
  • 22€ +I.V.E. por vehículo (sen persoal Anube)

Campionato de Galicia de Rallysprint:

  • 25€ +I.V.E. por vehículo (con persoal Anube)
  • 20€ +I.V.E. por vehículo (sen persoal Anube)

Campionato de Galicia de Rallymix:

  • 25€ +I.V.E. por vehículo (con persoal Anube)
  • 20€ +I.V.E. por vehículo (sen persoal Anube)

Os participantes deben comprar e instalar o soporte Spica, que usará toda a tempada (Prezo actual 10€ + I.V.E. https://shop.anubesport.com/producto/soporte-spica)

Ofrécense 3 GPS gratuítos para vehículos de organización.

O organizador proporcionará o aloxamento necesario ós técnicos que se despracen (habitacións individuais).

Horario para entrega dos GPS en adestramentos de 22:00 a 22:30 h.

Entregaranse cargadores ó organizador para que recargue os GPS nos adestramentos.

ANUBE emitirá informe de adestramentos ó presidente do Colexio de Comisarios Deportivos.

Os informes irán numerados.

Compartir