ACEPTACIÓN DO RECURSO E MODIFICACIÓN DA ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DA FGA

29 enero, 2024

A Federación Galega de Automobilismo, acatando a resolución do expediente 77/23 do Comité Galego de Xustiza Deportiva, modificará a data da asemblea extraordinaria na que se votará a moción de censura presentada por Alfonso García Eiriz, do día 10 de xaneiro ás 20:00 horas ao 13 de xaneiro ás 12:00 horas, primeiro día autorizado por dito comité e sendo a hora autorizada no lugar escollido para este acto.

Esta data foi seleccionada tras manter conversas coa maioría de asembleístas, que desexan unha pronta resolución desta situación.

A asemblea terá lugar no Salón Teatro Auditorio Municipal de Lalín, Rúa da Banda de Música de Lalín S/N. 36500, Lalín.

Compartir