DIEGO GARCÍA, NOVO PILOTO BECADO DA FEDERACIÓN GALEGA DE AUTOMOBILISMO NA SANDERO ECO CUP GALICIA 2024

29 enero, 2024

O Grupo Recalvi acordou coa Federación Galega de Automobilismo a cesión dun dos novos Dacia Sandero para a promoción dun xoven talento na primeira edición do formato monomarca, a Sandero Eco Cup Galicia 2024.

Desta forma, gracias ao firme apoio de Recalvi, a FGA seleccionou como novo piloto becado ao ser o actual campión Galego de Autocros Júnior e vencedor da derradeira proba do Campionato de Europa da modalidade júnior en Mollerusa, Diego García.

García, de 17 anos de idade, pasará a ser un dos integrantes do extenso grupo de equipos apoiados pola FGA no próximo curso, no que será a súa estrea no mundo dos rallyes.

Este acordo cun dos aliados estratéxicos da Federación Galega de Automobilismo confirma o desexo de ambas partes de atopar e promocionar novos talentos no mundo da competición, cun proxecto equilibrado e formando dende a base.

O proxecto de Diego García en 2024 inclúe a súa participación nas cinco probas da primeira edición da Sandero Eco Cup Galicia.

 

Compartir