MATIZACIÓN SOBRE O USO DE QUECEDORES DE RODAS NO CAMPIONATO GALEGO DE MONTAÑA 2024

29 enero, 2024

Logo de escoitar os razoamentos de varios pilotos e preparadores autonómicos, a Federación Galega de Automobilismo acordou que na tempada 2024 os equipos continúen a utilizar os quecedores de rodas como ata este momento.

Esta medida, incluida como un posible cambio de cara a tempada 2023, estaba incluida no anteproxecto de montaña, un documento sempre aberto a revisión e a matización, nunha liña de diálogo e consenso que a nova directiva da FGA encabezada polo presidente Antonio Rodríguez Troitiño sempre puxo en valor.

É por iso e grazas aos argumentos expostos, esta nova norma non entrará en vigor na tempada 2024. Este acordo chega despois de varios encontros con distintos pilotos a favor e en contra desta medida.

Desta forma, os cambios nos regulamentos de montaña quedan a expensa da súa aprobación na asamblea ordinaria que tera lugar nos próximos días. Ese día debatiranse outros cambios plantexados no mesmo.

 

Compartir