A XUNTA ELECTORAL DA FGA PROCLAMA PROVISIONALMENTE OS 64 MEMBROS DA ASEMBLEA XERAL

18 noviembre, 2026

A Xunta Electoral da Federación Galega de Automobilismo (FGA) proclamou provisionalmente, o 18 de novembro de 2026, os 64 membros da Asemblea Xeral resultantes das eleccións celebradas o 15 de novembro, de acordo coas actas de escrutinio das mesas provinciais e da mesa do voto por correo. O escrutinio completo figura na Acta 14, dispoñible no apartado «Eleccións» da web da FGA (fga.es).

Participación

O censo electoral estaba formado por 1.028 electores: 72 entidades deportivas e 956 persoas físicas. Emitiron o seu voto 424, o que supón unha participación global do 41,2 %.

  • Entidades deportivas: 59 de 72 (81,9 %).
  • Persoas físicas: 365 de 956 (38,2 %).

O voto presencial nas mesas provinciais foi de 406 votantes e a mesa do voto por correo, constituída o 17 de novembro, escrutou 18 votos.

Participación por provincia (voto presencial)

Provincia Votantes Censo Participación
A Coruña 112 361 31,0 %
Lugo 49 124 39,5 %
Ourense 75 150 50,0 %
Pontevedra 170 393 43,3 %

Participación por estamento

Estamento Votantes Censo Participación
Entidades Rallyes 42 43 97.6 %
Entidades Montaña 16 17 94,1 %
Deportistas Rallyes 134 542 24,7 %
Deportistas Montaña 28 71 39,4 %
Deportistas Karting 3 9 33,3 %
Cronometradores 11 24 45,8 %
Comisarios Técnicos 18 30 60,0 %
Comisarios de Ruta 40 104 38,5 %
Xuíces/Secretarios 131 176 74,4 %

 

Os datos de participación non inclúen os estamentos de DGAN, Deportistas de Autocross, Slalom e 4×4, xa que son asembleístas electos.

Compartir